Thursday 09 de May de 2024

Arrancan as actividades de conciliación do Concello de Ordes


Máis de 40 nenos e nenas participan dende esta semana nas actividades de conciliación que o Concello de Ordes leva a cabo coa Escola ConTalento. Ao longo de todo o verán agárdanos multitude de obradoiros culturais e creativos, actividades deportivas e lúdicas, xogos grupais, excursións e saídas ao aire libre, práctica da lingua inglesa, visitas á piscina e moitas máis sorpresas. O Summer Camp desenvolverase ata o inicio do curso escolar e ofrece a posibilidade de inscribirse por quincenas.